Novo vertido incontrolado na comarca, desta volta nos montes de Dodro

24 Xaneiro 2022

Malia os esforzos das administracións por fomentar hábitos sustentábeis entre a veciñanza á hora de desfacerse dos seus refugallos, segue a haber unha porcentaxe, pequena pero moi prexudicial, de xente que prefire facer ás cousas ao seu xeito e manter viva a práctica de usar o monte (que deben considerar da súa propiedade exclusiva) para desfacerse do que lle sobra. O Concello de Dodro vén de compartir un exemplo desta práctica, cun novo vertido de obras ou reformas que rematou no medio natural.

Este novo exemplo de incivismo choca de cheo co importante traballo despregado polo Concello para axudar á veciñanza a dar tratamento axeitado aos seus enseres sobrantes, por exemplo a través dun Punto Limpo Móbil que xa está plenamente operativo dando servizo polas diferentes parroquias. O Concello engade que a maiores Dodro conta con servizo de recollida a domicilio de refugallos voluminosos ou contaminantes.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.