Xa está en funcionamento o punto limpo móbil de Dodro

07 Xaneiro 2022

O Concello de Dodro confirmou que xa está operativo o punto limpo móbil, destinado a favorecer a recollida de refugallos voluminosos ou perigosos no termo municipal e, tamén, a facilitar ao máximo o transporte dos mesmos por parte da veciñanza das parroquias. A actividade da unidade de recollida de refugallos comezou en Lestrobe, este 7 de xaneiro, prolongándose a súa estadía na localidade por unha semana. O obxectivo do mesmo é permitir que as persoas que residen no termo municipal “conten cun servizo municipal máis para facilitar o labor de separación e posterior reciclaxe de residuos”.

Trátase dun dispositivo móbil composto por un contedor de gran volume, con oito compartimentos para o depósito separado de tubos fluorescentes, lámpadas, pilas e baterías, latas contaminadas e aerosois, cartuchos de tinta baleiros, aceite de cociña usado, pequenos electrodomésticos e elementos electrónicos, de informática e teléfonos móbiles.

A seguinte parada do dispositivo, logo da súa estadía en Lestrobe, serán, nesta orde, o Polideportivo Municipal e o Campo de Fútbol situado en Chenlo. A seguinte localización será en Traxeito, e a esta seguirán: Imo, Bexo e Teaio.
En todos os casos, o punto limpo móbil ficará instalado durante unha semana en cada localización. Esta sinalarase cun panel informativo e previamente será anunciada a través das vías de comunicación habituais do concello, tales como a páxina web e as redes socias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...