Na área de Santiago- Barbanza porase a partir do venres a terceira dose a persoas entre os 40-49 anos

05 Xaneiro 2022

O proceso de vacinación contra a Covid-19 continúa en Galicia, onde foron administradas outras 21.227 doses na xornada deste martes das cales unhas 18.570 foron para nenos, a maioría menores de nove anos (unhas 17.950).

Na área de Santiago- Barbanza porase a terceira dose a persoas entre o rango de idade 40-49 anos máis repescas doutros tramos.

Este venres 7 están citadas no Hospital Barbanza, 610 persoas en horarios de mañá e tarde.

Na Cidade da Cultura, uns 3.600 Citados tamén en horario de mañá e tarde.

Este sábado 8, administrarase a terceira dose a persoas entre o rango de idade 40-49 anos máis repescas doutros tramos. No Hospital Barbanza: uns 600 de mañá e tarde.

Na Cidade da Cultura: uns 4.000 Citados tamén en horario de mañá e tarde.

Tamén a partir deste venres 7 a Xunta ofrecerá a partir do día sete un segundo test gratuíto para os rapaces de 5 a 11 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.