Martín Casais regresa a Boiro para incorporarse á dinámica do primeiro equipo do Rotogal

20 Xaneiro 2022

Miguel Álvarez.- Martín Casais, receptor de 16 anos e 1,96 metros de altura, regresou ao Boiro Voleibol. O xogador, que até agora permanecía na concentración permanente da Federación Española en Palencia, incorporouse á dinámica do primeiro equipo do club da Cachada.

Martín Casais, nacido o 31 de marzo de 2005, proclamouse campión de España en categorías cadete (2019) e xuvenil (2021) co Boiro. Xa foi internacional en categorías U-17 e U-19, ademais de ser un habitual nas seleccións galegas de categorías de base. Esta tempada vestira a camiseta do Palencia na Superliga 2.

Por outra banda, o Rotogal Boiro Voleibol segue traballando para regresar á competición. O partido desta fin de semana na cancha do Teruel foi aprazado e, en principio, o equipo volverá disputar un encontro da Superliga o sábado 29 contra o Conectabalear Manacor na Cachada.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...