María Rivas responde ás queixas pola escaseza de axentes da Policía Nacional en Ribeira

20 Xaneiro 2022

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, emitiu este 20 de xaneiro unhas declaracións que responden ás críticas achegadas por diversos sectores de Ribeira a respecto da inseguridade que se vive na cidade (en parte motivada pola escaseza de axentes), sectores entre os que se atopaba a Asociación de Empresarios de Ribeira, tal e como reflectimos dende este medio. No seu comunicado, a subdelegada salienta “a excelente colaboración entre a Policía Nacional e a Policía Local de Ribeira para garantir que é un municipio seguro”. Amais dixo que o concello “mantén a súa taxa de criminalidade por baixo da media de España, que á súa vez é un dos estados máis seguros de Europa”.

Nunha carta remitida (precisamente) á Asociación de Empresarios de Ribeira, a subdelegada respondeu ás súas consultas sobre a situación da localidade. María Rivas destacou que “a seguridade é unha prioridade para o Goberno, que no caso de Ribeira viuse reflectida na nova comisaría, cun investimento superior aos dous millóns e medio de euros”. Trátase, engadiu, “dunha comisaría moderna, referente e modelo a nivel estatal”. Tamén fixo saber que o obxectivo principal do Goberno é “a satisfacción nos servizos prestados ás cidadás e cidadáns”, para o que ademais de contar con novas instalacións como o caso de Ribeira, “o Executivo impulsa a convocatoria de máis prazas nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, cunhas 7.300 durante os últimos tres anos na Policía Nacional”, engadiu.

Na carta lembrou “o importante déficit de prazas nos persoais que se atopou o actual Goberno cando tomou posesión”, pero engadiu que “buscamos recuperar eses postos de traballo con convocatorias amplas e unha taxa de reposición superior ao 100%”.

E concluíu: “Ribeira é unha localidade segura que está nun dos estados máis seguros de Europa. En toda Galicia, como tamén en Ribeira, as taxas e os indicadores sobre delincuencia están moi por baixo da media estatal. Isto é grazas ao bo traballo das nosas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e tamén grazas ao comportamento da nosa sociedade. Unha cidadanía cívica e comprometida que neste momento xa pode contar cunha nova Comisaría de Policía referente en todo o país”.

Instalacións da nova Comisaría da Policía Nacional na contorna de Fontán, en Ribeira

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...