Licitada en Ribeira a instalación dunha rede de pluviais na rúa Sidreiras e a súa transversal

25 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira licitou unha nova actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais na rúa Sidreiras e a súa vía transversal. Segundo informou o equipo de Goberno local, a día de hoxe cada vez que chove con certa intensidade discorre pola dita vía gran cantidade de auga que dificulta o tránsito e afecta ás vivendas próximas. Para solucionar este problema “proxectouse a instalación dunha liña de pluviais que recolla as augas superficiais e as conduza mediante dúas tubaxes cara un rego existente e cara a rede xeral situada na avenida da Coruña”, informou o Concello.

Respecto dos traballos específicos a despregar, nun primeiro ramal que descorre pola rúa Sidreiras e a súa transversal instalarase unha tubaxe de polipropileno de 80 centímetros de diámetro, en tanto que nun segundo ramal da rúa Sidreiras colocarase outro de PVC de 40 centímetros de diámetro.

A actuación ten un prezo de licitación de 100.284,34 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de dous meses.

As empresas interesadas dispoñen ata o 14 de febreiro á medianoite para formular as súas ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.