A conserveira JEALSA comezou o ano apostando firme pola innovación e os avances en calidade e sustentabilidade. En concreto, a compañía con centro de operacións en Boiro anunciou que investirá 160 millóns na creación dun Centro Tecnolóxico que dea resposta aos principais retos de JEALSA en materia de eficiencia, procesos intelixentes, economía circular e respecto polo medio natural. O novo centro contará cunha superficie de 1.600 metros cadrados e cun investimento inicial de 10 millóns de euros.

Será unha biofábrica con capacidade para impulsar e optimizar todos os ámbitos de acción da empresa (non só o relacionado coa alimentación e cos produtos de mar) e dende a cal sentaranse as bases para a creación de novos produtos e para dar forma a novos procesos industriais. A compañía optará neste novo proxecto por unha metodoloxía dinámica e participativa, asegurando a plena colaboración entre os equipos de investigación e os restantes traballadores e permitindo o intercambio de recursos e coñecementos con axentes externos.
A creación deste centro alíñase co firme compromiso de JEALSA a prol da sustentabilidade e o respecto polo medio natural, unha liña de traballo personificada no programa We Sea e no que a compañía investiu arredor de 30 millóns de euros.
“A apertura do noso novo Centro Tecnolóxico supón un paso máis no desenvolvemento dun modelo totalmente responsábel, circular e sustentábel no tempo”, afirmou Ángeles Claro, directora de sustentabilidade de JEALSA e do programa We Sea, engadindo 2021 foi especialmente frutífero en materia de proxectos e logros sustentábeis, como por exemplo o feito de ter acadado a neutralidade nas emisións de CO2 grazas á enerxía eléctrica que se xera nos parques eólicos de JEALSA, ou a creación do Observatorio de Consumo e Sustentabilidade, mediante o cal leváronse a cabo informes de mercado con potencial para ver polo miúdo os hábitos presentes e futuros dos consumidores.
