Galicia levanta as restricións pola covid

26 Xaneiro 2022

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia á hora de tomar medidas de protección fronte ao coronavirus propón levantar desde este próximo sábado case todas as restricións que se aplican na comunidade autónoma desde o pasado Nadal.

Mantense o certificado covid se o autoriza a xustiza, pero levántanse todos os límites que afectan á hostalería e o lecer nocturno.

A HOSTALERÍA E O LECER NOCTURNO RECUPERAN HORARIOS
En primeiro lugar recupérase a mobilidade total. Levántase o toque de “non” queda as fins de semana que impedía reunións de non conviventes entre as 3 e as 6 da madrugada.

A hostalería (bares, cafeterías e restaurantes) recupera o seu horario ata a 1 da mañá durante a semana e 1,30 h a fin de semana.

Tamén o lecer nocturno gaña horas de apertura e vai poder funcionar ata as 4 da mañá por semana e ata as 5 as fins de semana.

Serán precisamente as discotecas e os pubs quen máis noten o cambio: actualmente teñen que botar o enreixado ás 3 da madrugada, gañan por tanto desde este sábado dúas horas de apertura ao público.

“Recuperar horarios é unha gran noticia”, explica en Cope Santiago Nino, o xerente dun de Blaster, un dos locais con máis tirón na noite compostelá. “É boa noticia porque se ve que a xente está a facer as cousas ben”,

Outra modificación importante que ten que ver coa hostalería é a recuperación da barra dos bares, que volve ser utilizable desde o sábado.

Tamén se permiten de novo os espectáculos nos que o público está de pé (iso si, sempre con máscara).

O ENTROIDO, CON PRECAUCIÓN
Para o Entroido que se celebra a finais do mes de febreiro a Xunta vai pedir aos concellos que controlen o cumprimento da normativa. Non se vai a poder fumar nos lugares onde está o público, e será necesario ensinar certificado covid en todos os eventos nos que se permita beber.

O Sergas ten previsto enviar aos concellos o documento coas medidas para o Entroido, para que así teñan tempo para organizarse.

Desde algunhas cidades con moita tradición de Entroido xa se celebra a apertura: o alcalde de Ourense dicía esta mañá que hai ” via libre a un gran Entroido”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.