Este 7 de xaneiro “Código Cero”, editora tamén de “O Barbanza” cumpre 20 anos

07 Xaneiro 2022

 A primeiros do ano 2000 emitíase na radio pública do país un programa sobre novas tecnoloxías. Levaría por nome “Código”. Había, sen embargo, un problema á hora de falar das TIC: os enderezos das páxinas web eran moi complicados para que os oíntes puideran collelos, rexistralos. Para superar esa eiva, un dos colaboradores do programa creou un espazo na Internet a xeito de bitácora no que daba conta das novas tecnolóxicas. Ademais servía como plataforma para un boletín informativo de carácter diario e outro semanal, cun resumo en catro páxinas nun ficheiro PDF. Esta iniciativa acadou recoñecementos e galardóns, e fixo que os seus fundadores, Carlos Ballesteros, Marcus Fernández e Xosé María Fernández Pazos, nos animaramos a facer unha revista impresa, acompañados dun grupo de amigos e colaboradores entusiastas do mundo TIC. 

Aquela publicación levaría o nome de “Código Cero”, por aquilo do código binario, e hoxe vinte anos despois chega o seu número 222. Cando lanzamos aquel primeiro número en formato tabloide houbo quen afirmou que non durariamos nin dous meses, xa que unha revista en galego e de novas tecnoloxías era inviable no noso pais. Argumentos nos lles faltaban, xa que en realidade Código Cero e o seu “irmán maior” codigocero.com, existen pola vontade dos seus colaboradores e por vinte anos de esforzo, ilusión e moito, moito traballo por manter unha publicación que hoxe é referente en Galicia, e que ademais está na nosa lingua. 

Froito dese esforzo vai para tres anos nacía “obarbanza.gal” e a publicación mensual “O Barbanza” que cada día e cada mes chega ós lectores da comarca con máis de 2.000 usuarios/día de media e unha revista que reparte 6.000 exemplares/mes, todo de balde e en galego.

Seguimos crendo neste país na súa xente, nas súas empresas, nos seus emprendedores, nas súas organizacións, institucións, asociacións e nas súas administracións que manteñen viva a chama deste proxecto pioneiro. Código Cero continuará saíndo a diario no seu portal web e mensualmente en revista para contar e berrar que Galicia ten moito que dicir e aportar en novas tecnoloxías nun mundo globalizado. Parafraseando o egrexio galego Alvaro Cunqueiro, permítannos dar “Mil grazas por estes máis de 7.300 días de traballo, esforzo e ilusión e o noso desexo de polo menos ter outros tres mil días mais na nosa lingua”. 

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...