En Ribeira incrementáronse en 15.312 quilos os refugallos recollidos nos contedores azul e amarelo

12 Xaneiro 2022

A organización Ecoembes, encargada de xestionar a recollida selectiva no termo municipal ribeirense, vén de transmitir ao Concello os datos correspondentes aos dez primeiros meses do 2021 con respecto ao mesmo período do ano 2020. Deste informe despréndese un incremento de 15.312 quilos recollidos entre os contedores amarelo e azul.

En termos máis concretos, no relativo ao contedor amarelo (para envases de plástico, latas ou envases tipo briks, entre outros), entre xaneiro e outubro de 2020 o número de quilogramos recollidos ascendeu a 390.830, mentres que entre xaneiro e outubro de 2021 elevouse ata os 396.922 quilogramos, o que representa un 1,56% máis, sinalou o Concello a respecto dos datos de Ecoembes.

No que respecta ao contedor azul (papel e cartón), o incremento foi do 2,29%, pasando de 402.880 a 412.100 quilos.

Proxecto HORECA

Ecoembes informou ademais de que a día de hoxe hai no termo municipal 107 locais adheridos ao proxecto HORECA, destinado a incorporar a recollida selectiva no sector da hostalería, a restauración e o catering, aos que se lles fornece de cubos de 120 litros de capacidade e papeleiras de 90 para seguir impulsando a reciclaxe dentro da área municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.