Eliminado un punto de vertido de augas residuais na Praia de San Francisco en Muros

09 Xaneiro 2022

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais na praia de San Francisco, no concello de Muros.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependentes de Augas de Galicia, iniciaron as inspeccións tras a recepción dunha alerta notificada por unha incidencia remitida pola Consellería de Sanidade.
O persoal autonómico localizou a orixe do foco no areal nunha vivenda unifamiliar no lugar de San Francisco, na parroquia de Louro, que desaugaba cara a rede de pluviais que acadaba a ría de Muros e Noia.
Augas de Galicia informou ao Concello de Muros da situación, que requiriu ao responsable do inmoble particular a realización das actuacións oportunas para a emenda dos aportes contaminantes.
Nunha recente inspección, os técnicos de Augas de Galicia verificaron a eliminación deste punto de vertido, grazas á execución da conexión do inmoble á rede de sumidoiros municipal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.