Descende a productividade marisqueira da Ría de Arousa

01 Xaneiro 2022

A.Luaces.- A de Arousa é, con permiso das de Ferrol e Muros-Noia, a ría máis rica en produción marisqueira. Pero esta redúcese sen que -que se saiba- se impoñan medidas para combater tal situación.

É o que reclama o Bloque Nacionalista Galego (BNG) que, por medio da súa portavoz de Pesca no Parlamento de Galicia,  ven de solicitar a implantación de medidas contra tal descenso, provocado este polos verquidos contamiñantes.Rosa Pérez, deputada nacionalista, preguntou na Cámara galega pola existenza ou non de estudos sobre a incidencia da contaminación procedente dos ríos Ulla, Umia e Sar que verten nela as súas augas e que afectan á calidade delas e, ao mesmo tempo, á dos bancos marisqueiros. Quere saber tamén os resultados acadados.en caso de que tales estudos existan.

É unha preocupante situación, porque vai moitos anos que se denuncian vertidos á ría que non proceden esclusivamente do desaugue dos citados ríos. 

A portavoz de Pesca do BNG urxiu á Xunta a implantar medidas contra o descenso desa produtividade marisqueira que tanto ben e sona  outorgou sempre aos profesionais do sector.

Vai anos, os científicos detectaron nas augas arousanas mostras de chumbo, arsénico e cobre. E na actualidade, o estado e calidade das augas das rías galegas, nomeadamente as da ría de Arousa, “dista moito aínda de ser ótima”. A entidade Augas de Galicia confirmou o incremento de verquidos nesta ría (458 ata o pasado mes de setembro) o que significa 14 máis ca no ano 2020. Destes verquidos, 53 superaron os parámetros establecidos para seren considerados contamiñantes. 

Entre os mariscadores que traballan nesta ría arousana existe a convicción de que se debe facer fronte á súa rexeneración. E teñen motivos para expresalo así: ínfimas capturas e ingresos, que talvez evidencian ese importante grao de contaminación que padece unha ría na que, ao marxe o seu valor pesqueiro e marisqueiro, reúne condicións específicas que permiten a presencia nelas de 28 especies de aves acuáticas que percuran o seu alimento entre o limo na baixamar, alleas aos importantes niveis de contaminación polos citados chumbo, arsénico e cobre descubertos no seu día por un grupo de investigadores da Universidade de Vigo e o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.A presencia na ría destes metais pode ter “graves consecuencias para o sector pesqueiro e marisqueiro” ademáis de nos hábitats naturais da desembocadura do río Umia e da ría, zonas de gran valor ecolóxico.

Cando se descubriron estas evidencias, cualificouse esta presencia como “severa” ou “moi severa” en diversos puntos da ría, sendo “forte” a presencia do chumbo entre a península do Grove, A Toxa, Cambados e a Illa de Arousa. Unha das zonas de contaminación severa, especifica o informe dos investigadores, “apunta ás exploitacións pesqueiras e as bateas da ría, ademáis dos bancos marisqueiros”; pero non é a única. A contaminación por arsénico e cobre podería ter relación cos tratamentos con funxicidas e plaguicidas das viñas das explotacións vitivinícolas da zona e mesmo pola pintura dos cascos dos barcos, hipótese esta que desbotan os científicos xa que logo non xustifican uns niveis de contaminación tan elevados. 

O chumbo está máis presente no porto de Vilagarcía, onde ameaza ao Complexo Intermareal.A toda esta situación podería non ser alleo o incendio rexistrado o ano pasado nas instalacións de Jealsa-Rianxeira, en Boiro, como fixo constar a Fiscalía de Medio Ambiente o pasado mes de xuño, cando sinala que “si se confirman as actuacións realizadas [pola conserveira] constituiría unha acción de vertido de augas contaminadas sen tratamento axeitado no medio mariño da ría de Arousa”. 

Verquidos á ría, moitos deles de carácter industrial -segundo un informe da Garda Civil no que non consta a orixe dos mesmos- son constatados tamén por Augas de Galicia, organismo que xestiona as competencias  da Xunta en materia de xestión de augas.

Recentemente, a Asociación Galega de Depuradores de Moluscos (AGADE) confirmaba a sistemática merma da produción de ameixa babosa que, no ano 2020 superaba as 800 toneladas e que, en 2021 foi de só 127, datos que, para a deputada do BNG, “fan soar todas as alarmas”.

A desembocadura dos ríos Ulla, Umia e Sar contribúen coa expulsión de sedimentos que se almacenan no encoro de Portodemouros. Estima Rosana Pérez, que existen verquidos industriais  graves e continuados “contra os que non se actúa e, en moitos casos, nin siquera se investiga”.

Covadonga Salgado, directora do INTECMAR, achaca a mortandade de moluscos bivalvos ás condicións meteorolóxicas e aparición de patóxenos, responsabilizando aos concellos dos verquidos. Pola súa banda o PP rexeita a proposta do BNG para elaborar estudos e informes sobre o impacto social, económico e laboral sobre o sector pesqueiro da modificación de Directiva europea de Tributación da Enerxía e defender  ante Europa que Galicia é un país altamente dependente da pesca.

Outros artigos

“A la mujer se la ama, o se le teme” – Manuel Domínguez

A la mujer se la ama, o se le teme. En sociedades primitivas mucho más, en Occidente, la cosa va cambiando. En el mundo de los talibanes, las niñas no tienen opción al estudio, ¿razones? Han observado que allí, donde la mujer puede crear, gestionar, allí donde la...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.