“Desánimo e compracencia” – José Manuel Pena

24 Xaneiro 2022

Vivimos na sociedade da información pero, de maneira paradoxal, intoxícannos con noticias falsas pois son cada vez máis os medios de comunicación que exercen como correas de transmisión dos poderes políticos e económicos que os sustentan, distorsionando a realidade e levándoa ao seu propio terreo.

Cando a sociedade civil deixa en mans da política o desenvolvemento, a xestión e o destino da propia sociedade, sen ningún tipo de control, entón asistimos a unha cultura democrática deficiente que unicamente beneficia a uns poucos privilexiados que loitan, con uñas e dentes, por manterse no poder.

Millóns de persoas coinciden en sinalar que nas sociedades actuais hai un aumento da desigualdade social, económica e educativa. Iso mingua a capacidade de participación na vida pública de miles de familias que teñen que estar máis preocupadas en poder comer todos os días que en ser consciente do que sucede aos seus arredores. Estas situacións provocan que regrese o caciquismo e a manipulación constante exercido sobre os sectores sociais máis vulnerables.

Unicamente non podemos limitarnos a seguir criticando ao poder político tratando de eximir as nosas responsabilidades como cidadáns. Tamén nós temos o dereito e o deber de saber elixir os nosos representantes e de esixirlles o cumprimento das súas obrigacións a través dos diferentes medios postos á nosa disposición desde os principios e medios democráticos e o estado de dereito.

Actualmente a política ten máis presencia que a propia sociedade civil. A apatía e o desinterese polo público e polo benestar xeral e unicamente pensando no eu, no canto do nós, está a levarnos a unha sociedade enquistada no desánimo e na compracencia. Isto é un caldo de cultivo para que algúns medios de comunicación e certas formacións políticas populistas campen ás súas anchas nun casarío do que se cren os seus donos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...