Corrubedo acolleu estes días a rodaxe de varias escenas da longametraxe Sica

02 Xaneiro 2022

As cámaras de cinema volven cada pouco a Corrubedo, mentres aínda temos no recordo o bo uso que fixo o director e escritor Antón Dobao dos escenarios paisaxísticos que ofrece a vila para a súa película Simbad, rodada tamén no casco antigo de Palmeira. Estes días regresaron as cámaras a Corrubedo con motivo da rodaxe de Sica, longametraxe galego-catalá escrita e dirixida por Carla Subirana e producida por Alba Sotorra, de Miramemira, responsábel de éxitos cinematográficos recentes como O que arde (Oliver Laxe).

O filme ponnos na pel dunha moza, Sica (Thais García), que agarda que o mar lle devolva o cadáver do seu pai mariñeiro. Faino na compaña do seu amigo Suso, cuxa única teima é a inminente chegada da galerna Ofelia. A longametraxe estase a rodar principalmente nos concellos da Costa da Morte (Malpica, Laxe, Ponteceso), onde Sica, coas súas pescudas, descubre un día que o seu tanto o seu pai, como a comunidade de veciños onde reside, non son como ela que pensaban que ela. A estadía do equipo de rodaxe en Corrubedo está previsto que se estenda a semana vindeira, logo de filmarse varias escenas nun inmóbel da vila.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.