CONGALSA, distinguida nos Premios Galicia de Innovación e Deseño que concede a axencia GAIN

25 Xaneiro 2022

A Axencia Galega de Innovación celebrou, en streaming, este luns 24 de xaneiro, a cerimonia da segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. Con estes galardóns a axencia que dirixe Patricia Argerey quixo recoñecer o labor das persoas e empresas referentes do desenvolvemento económico, tecnolóxico e social en Galicia a través da innovación e do deseño. Profesionais de recoñecido prestixio integraron o xurado, que tiveron entre mans a complexa tarefa de dilucidar entre mancheas de contribucións destacadas, as finalmente recoñecidas. Entre estas atopábase un dos grandes referentes empresariais da nosa comarca: CONGALSA.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participa no acto de entrega dos II Premios Galicia de Innovación e Deseño. Museo Centro Gaiás, Santiago de Compostela 24/01/22.

A cerimonia contou coa presenza do presidente Alberto Núñez Feijóo, quen afirmou que a Xunta seguirá incentivando a Galicia innovadora cunha nova RIS3 que, desde 2014, ten mobilizado máis de 1.900 millóns de euros grazas á colaboración público-privada e 6.700 axudas. Trátase, dixo, “dunha nova Estratexia de Especialización Intelixente que guiará o camiño ata 2027, co obxecto de chegar a todo o tecido empresarial, rompendo o teito de cristal para que pemes e sectores tradicionais se acheguen á I+D+i”.

Feijóo trasladou as felicitacións aos galardoados con estes premios: ao enxeñeiro Fernando Pérez, un dos promotores do Centro Tecnolóxico Gradiant e cuxa carreira está marcada pola investigación; á empresa alimentaria da Pobra do Caramiñal CONGALSA, líder en produtos elaborados do mar e comprometida co traballo cara á transformación dixital e a industria conectada, ademais de cara a sustentabilidade e a máxima cota de responsabilidade social corporativa; e a GalChimia, unha peme vencellada ao sector químico e que reviste de forma continua máis do 10% da facturación en actividades de I+D+i.

Na categoría de deseño, Feijóo salientou o traballo de Desescribir, unha firma de dous arquitectos que realiza proxectos de identidade visual e deseño estratéxico para empresas innovadoras; a traxectoria de Damián Calvo, que forma parte do equipo de deseño de Samsung; e o desenvolvemento da empresa TMC Cancela, unha empresa que fabrica e exporta maquinaria para a agricultura, os montes ou de construción e que logrou multiplicar por oito a súa facturación desde 2008, apostando por un deseño diferencial.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...