Chega á Pobra unha nova edición do Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta

11 Xaneiro 2022

O vindeiro 16 de xaneiro A Pobra do Caramiñal dará acollida ao XXXIII Campionato Xunta de Galicia Absoluto Masculino e Feminino de Marcha en Ruta, organizado pola Federación Galega de Atletismo (FGA), co patrocinio do Concello e a colaboración da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. Os detalles do evento foron dados a coñecer este 11 de xaneiro pola concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), o responsábel do sector de marcha en ruta da Federación Galega de Atletismo, Carlos Morales, e o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure.

No acto de presentación houbo palabras de agradecemento para as tres partes implicadas por facer posíbel que o municipio acolla por quinto ano esta competición. A edil manifestou que “esperamos que sexa da mesma calidade como vén sucedendo nas edicións pasadas, que espertou un gran interese”.

Carlos Morales salientou o alto nivel de participación e destacou algúns dos/as atletas que poden acadar o podio.

Pola súa banda, José Moure apuntou que “este quinto campionato que celebramos xa na Pobra dá a recoñecer que tivemos un acerto no seu día de homologar o circuíto”.

Segundo fixeron saber, o dito circuíto habilitarase no tramo de fachada marítima comprendido entre a praza Alcalde Segundo Durán, onde se establece o lugar de saída e meta, e o peirao comercial.

A cita arrancará a partir das 10.00 horas e contará coa participación de aproximadamente 140 atletas que deberán completar o percorrido que lles corresponda segundo a modalidade.

Os tres primeiros atletas clasificados das categorías sub-10, sub-12, sub-14, sub-16, sub-18, sub-20, sub-23, absoluta e as diferentes modalidades máster recibirán unha medalla conmemorativa do campionato.

No transcurso deste evento contarase coa colaboración da Protección Civil pobrense e será de obrigado cumprimento en todo o momento o protocolo sanitario FISICOVID-DXTGALEGO.

Outros artigos

A Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero recala na Pobra

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este martes 13 de maio a vila da Pobra do Caramiñal, onde salientou a importancia da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero (MAVI) como “ferramenta para loitar contra a violencia de xénero a través da...

+

Comeza a conta atrás para XVI edición da Carreira Pedestre de Outes

No marco da celebración do Día das Letras Galegas e co obxectivo de xuntar (e conmemorar) deporte e cultura, a Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XVI Carreira Pedestre de Outes, prevista para o sábado 17 de maio de 2025 a partir das 10.00 horas,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.