Chega a Boiro unha nova edición do mercado creativo A Factoría das Raíñas

03 Xaneiro 2022

Este luns iníciase en Boiro a actividade dunha nova edición do Mercado de Nadal A Factoría das Raíñas, que ficará aberto até mañá, martes 4 de xaneiro, en horario de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 21.30 horas.

A actividade será novamente organizada polo Concello e A Gata Moscovita na praza da Boqueira da Negral. Haberá postos de artesanía e gastronomía, actividades creativas e dinamizadoras e máis degustacións.

A Factoría das Raíñas é unha característica feira propia destas datas dende a que se ofrecen aos asistentes produtos artesanais e autor/autora para agasallar e autoagasallarse coma, por exemplo, bonecos de trapo, complementos de festa, decoración, cerámica ou ilustración. Como dixemos, haberá un espazo importante destinado á gastronomía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...