Boiro acollerá proxeccións das obras finalistas dos Premios Mestre Mateo

27 Xaneiro 2022

As catro deputacións galegas veñen de pórse a disposición da Academia Galega do Audiovisual para levar as novas creacións cinematográficas da nosa terra o máis preto posíbel da nosa casa. En concreto, as institucións provinciais comprometéronse formalmente a proxectar as cintas finalistas dos Premios Mestre Mateo nunha manchea de concellos. Na provincia da Coruña haberá sesións en Arteixo, Ames, Boiro, Carballo e Narón.

Na presentación da iniciativa na Deputación da Coruña interviron Xurxo Couto, deputado de Cultura e Ana Míguez, da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.

O deputado de Cultura aproveitou para lembrar a política de apoio ao sector audiovisual por parte da institución provincial a través de diferentes liñas de axudas, como as axudas aos festivais audiovisuais, e de diferentes programas estábeis, como o programa Visións da Rede Cultural. Tamén fixo fincapé na colaboración “estábel” entre a Deputación e a Academia Galega do Audiovisual e asegurou que este ciclo “é un paso máis nesta colaboración que ten por obxectivo fundamental favorecer a difusión do audiovisual feito en Galicia, cunha promoción estable que chegue a novos públicos”.

Pola súa banda, Ana Míguez explicou que este ciclo nace para “potenciar o achegamento do cinema máis actual á cidadanía” e agradeceu a todas as administracións a súa implicación, tanto deputacións como concellos. Explicou que o Ciclo Mestre Mateo “está intimamente ligado aos premios que lle dan nome” e que o programa darase a coñecer cando se anuncien as finalistas da presente edición e as proxeccións empezarán despois da gala dos Mestre Mateo, o 19 de marzo. Celebrarase de xeito simultáneo en todas as localidades cunha periodicidade mensual, exceptuando os meses de xullo e agosto, e a entrada a estas será de balde. Toda a información sobre programación, horarios e salas estará dispoñíbel na web ciclomestremateo.gal.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...