Barbantia colabora nos Actos Castelao coa presentación dos novos libros de Óscar Reboiras e Xaquín Fernández Leiceaga

18 Xaneiro 2022

A Asociación Cultural Barbantia comezou o ano cunha completa axenda de actividades, encadradas na celebración dos Actos Castelao 2022 de Rianxo, impulsados polo Concello en colaboración con Barbantia, entre outras entidades.

Na axenda inclúese a celebración, o vindeiro venres 28 de xaneiro, da asemblea xeral ordinaria de asociación cultural da nosa comarca. Será no Auditorio de Rianxo, a partir das 18.30 horas en primeira convocatoria e das 19.00 na segunda e derradeira.

Amais, están previstas as seguintes actividades:

-Venres, 21 de xaneiro, ás 20:30 horas celébrase o acto de presentación do libro O cronista imposible. A obra periodística de Wenceslao Fernández Flórez de Óscar Reboiras Loureiro, coa participación de José Villanueva Rey (xornalista e crítico de cine) e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, amais do autor, Óscar Reboiras Loureiro.

-Venres, 28 de xaneiro, ás 20:30 horas, Barbantia convídanos á presentación da novela Baixo as alas de abril, de Xaquín Fernández Leiceaga, coa participación de María Xesús Blanco, vicepresidenta da A. C. Barbantia, Xesús Laíño, socio da A. C. Barbantia e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, ademais do propio autor Xaquín Fernández Leiceaga. Intervención plástica a cargo de Pepe Míguez. Apertura e peche musical a cargo da Escola de Música de Rianxo.

As reservas de localidades para os actos poden facerse a través da web do Concello de Rianxo, da sección de reservas. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio (a confirmación non é inmediata).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...