O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2022 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. Trátase de diversas propostas culturais, dende presentación de obras a exposicións, pasando por conferencias e a tradicional ofrenda floral. Desenvolveranse ao longo do mes de xaneiro.
Venres 21 – 18:00 Parque Galicia – Paseo da Ribeira
Apertura da Exposición Ricardo Carvalho Calero
19:00 Auditorio
Apertura da Exposición de Gravado Escolanía de Melros
20:30, Auditorio – Salón de actos
Presentación do libro O cronista imposible, de Óscar Reboiras, coa participación do autor, José Villanueva Rey (xornalista e crítico de cinema) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo ).
Sábado 22 – 20:00 Auditorio – Salón de actos
Conferencia Castelao en 1922 e en 1947, a cargo de Miguel Anxo Seixas. Presenta Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo)
Venres 28 – 20:30 Auditorio – Sala Arcos Moldes
Presentación do libro Baixo as alas de abril, de Xaquín Fernández Leiceaga, coa participación do autor, Francisco Castro (editorial Galaxia), Xesús Laíño (A.C. Barbantia), María Xesús Blanco (A.C. Barbantia) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). Intervención artística a cargo do gravador e pintor Pepe Míguez. Apertura e peche musical a cargo da EMR de Rianxo .
Sábado 29
12.00, Busto de Castelao -Paseo da Ribeira
Ofrenda floral e intervención de autoridades. Acompañamento musical a cargo do grupo Río de Anxo
13:00, Auditorio – Sala Arcos Moldes
Presentación da edición facsimilar do libro Escolanía de Merlos, de Faustino Rey Romero
