As obras do auditorio de Casa-Museo de Rosalía de Castro enfilan a recta final

04 Xaneiro 2022

O responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, visitou esta mañá as obras da reforma do Auditorio da Casa-Museo de Rosalía de Castro, que está a financiar parcialmente esta institución con 60.000 euros. Os traballos iniciáronse en outubro de 2021 e o seu remate está previsto para esta primavera de 2022.

A achega da Deputación foi acordada nun convenio de colaboración coa Fundación Rosalía para realizar as adaptacións e melloras que teñen que ver co confort térmico e a salubridade, tanto do espazo do volume principal coma da planta soto, de acordo ás novas normativas, así como adaptacións da mellora do confort acústico. Asemade, a proposta inclúe a mellora das instalacións de electricidade e iluminación así como as de audiovisuais atendendo aos usos actuais e futuros, ademais dunha rampa de acceso que permita acceder a todas as persoas en condicións de igualdade. O resto do financiamento, que supón un total de 170.000 euros, está a ser achegado pola Xunta de Galicia e a propia Fundación Rosalía de Castro.

Acometer esta obra era un dos principais obxectivos da Fundación Rosalía de Castro nos últimos anos, dado o deficiente estado no que se encontraba o edificio, con instalacións obsoletas para a cantidade e calidade da programación que conta a Casa-Museo e con partes gravemente deterioradas, como é o caso dos camerinos e os aseos, que reclamaban melloras urxentes debido ás continuas inundacións producidas por atoparse a unha cota baixo rasante. A este respecto, Anxo Angueira asegurou no transcurso da visita que “esta actuación é indispensable para o desenvolvemento das numerosas e diversificadas actividades que temos na Fundación ao longo do ano, e despois de toda a renovación que se fixo no interior da Casa, agora cumpríalle ao Auditorio estar á altura do emblema que respesenta esta Fundación”. Unha idea na que se amosou coincidente Xurxo Couto indicando que “a Deputación contribúe a estas obras porque entendemos que a Casa Museo Rosalía é un dos centros culturais de referencia do país e, neste sentido, que conte cunhas instalacións dignas e propias do século XXI é tan necesario como de xustiza, para que poida desenvolver a súa actividade ao nivel que lle corresponde”.

O edificio actual, construído en 1985 polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois, contaba ata o momento con escasos recursos para levar adiante o seu cometido principal: acoller actividades culturais en boas condicións. Non dispoñía nin de iluminación nin de condicións sonoras axeitadas ás necesidades, nin equipamento de son que permitise a realización de espectáculos escénicos.

A reforma do edificio ten o obxectivo de aumentar a capacidade do espazo e volume, para o que se realizará unha readecuación completa do interior da edificación do auditorio na que son imprescindibles adaptacións e melloras que teñen que ver co confort térmico da sala, illamento, calefacción e aireación de acordo ás novas demandas e normativas así como adaptacións de mellora do confort acústico en tanto se trata dun lugar cunha demanda continua para os usos musicais e de comunicación oral e audiovisual que deben igualmente adaptarse á contemporaneidade técnica

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.