Aprazado o Teruel-Rotogal Boiro Voleibol

18 Xaneiro 2022


M.A.- O partido que o Teruel e o Rotogal Boiro Voleibol deberían disputar este sábado na cancha dos turolenses foi aprazado. O motivo é que varios integrantes do equipo aragonés deron positivo por COVID-19.

A nova data da disputa do encontro correspondente á décimo quinta xornada da Superliga aínda non se confirmou. O adiamento do partido contra o Teruel é o terceiro consecutivo para o Rotogal Boiro Voleibol, que disputou o seu último encontro da Superliga hai exactamente un mes (o 18 de decembro contra o Guaguas na Cachada). Despois, casos de COVID-19 nos rivais impediron que se celebrasen os duelos ante San Sadurniño, Unicaja Almería e, agora, Teruel.

Un intre do encontro dos boirenses co Guaguas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.