Ambar comeza unha formación sobre industria alimentaria para xente nova

17 Xaneiro 2022

Este luns 17 de xaneiro deu comezo no centro de recursos da Asociación Ambar a formación Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria. A actividade, destinada a persoas con diversidade funcional menores de 30 anos, busca mellorar a súa empregabilidade e ten como obxectivos promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral, amais de reforzar as competencias profesionais da xente nova non ocupada e non integrada nos sistemas de educación e promoción.

A presentación foi encabezada por Milagros Rey, presidenta de Ambar; Ángeles Sampedro, técnica de emprego inclusivo de Ambar e coordinadora do proxecto; Daniel Tojo, orientador laboral de Ambar; e Inés Abad, docente da formación.

Esta formación, desenvolvida no centro que a asociación ten en Ribeira, é posíbel grazas ao financiamento da Fundación ONCE concedida na convocatoria Uno a Uno e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo O FSE inviste no teu futuro.

Sobre a formación

Esta formación totalmente gratuíta está destinada a ocupación de persoal de almacén, carretilleiro ou carretilleira, auxiliares e operarios da industria alimentaria. Contará cunha fase teoría e outra práctica nun posto de traballo en empresa. Ademais inclúe unha bolsa de asistencia de 9 euros ao día na fase teórica e posibilidade de transporte adaptado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.