A visita dos Reis Magos á Pobra transcorrerá de maneira presencial e dixital

03 Xaneiro 2022

O Concello de Pobra do Caramiñal vén de anunciar unha serie de incorporacións no programa festivo deste 5 de xaneiro, cambios motivados pola complexa situación sanitaria que estamos a vivir e que afectan directamente á visita dos Reis Magos ao termo municipal. O concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra); a súa homóloga do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra); e a técnica municipal desta área, Sara Sánchez, foron as persoas encargadas de debullar información destas propostas que se desenvolverán de maneira “segura e controlada”. Por este motivo, permitirase ás nenas e nenos confinados ou sen posibilidade de desprazarse a posibilidade de falar coas Súas Maxestades.

Segundo fixo saber, a xornada do día 5 de xaneiro arrancará coas videochamadas que efectuarán Melchor, Gaspar e Baltasar. Como dixemos, estas comunicacións faranse só “a aquelas crianzas que se atopan confinadas como consecuencia da COVID-19” ou “para as cales resulta imposíbel achegarse á visita presencial”. Cada neno e nena deberá elixir con cal dos tres Reis Magos quere falar e é preciso inscribirse a través dun documento online específico. Estes encontros dixitais desenvolveranse en horario de 11.00 a 13.00 horas e, polo momento, hai 45 inscritos/as.

Posteriormente será a quenda do percorrido en vehículos por tódalas parroquias do termo municipal, coa saída programada para as 14.45 horas dende a zona da Corna e a chegada ás 18.00 horas á praza Alcalde Segundo Durán.

O itinerario previsto é o que segue: A Corna, O Maño, O Campiño, A Pontenaveira, A Mirandela, Xunqueiras, Venecia, O Camiño Ancho, A Tomada, Lesón, Os Vilares, As Pedriñas, Santa Cruz, Roupión, Rego, Tarrío, A Virxe do Monte, San Lázaro, A Crocha de Levante, A Crocha de Poñente, A Banda, A Ponte Barbanza, O Sanguilexo, Vilas, Santo Isidro, O Pumadiño, Os Casás, Ouxo, A Angustia, A Ribeiriña, A Lomba, San Lázaro, a rúa da Ponte e a praza Alcalde Segundo Durán.

Establécense distintos tramos con horarios orientativos: da Corna ao Campiño (de 14.45 a 15.15 horas); da Pontenaveira á Tomada (de 15.15 a 15.45 horas); de Lesón a Santa Cruz (de 15.45 a 16.15 horas); de Roupión a Tarrío (de 16.15 a 16.45 horas); da Virxe do Monte a Vilas (de 16.45 a 17.15 horas); e de Santo Isidro á praza Alcalde Segundo Durán (de 17.15 a 18.00 horas). Respecto a este formato, o edil da Seguridade fixo fincapé na importancia de evitar as xuntanzas con outros/as veciños/as e facer o seguimento dende as propias casas ou achegarse a un lugar seguro onde se poidan cumprir as medidas de seguridade. O referido itinerario tamén se pode consultar na Rede.

Tamén se poderá seguir por streaming a través do Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal, así como coñecer o lugar no cal se atopan os Reis.

Máis tarde, a partir das 18.00 horas, recibirán os cativos e cativas na praza Alcalde Segundo Durán dun xeito “ordenado e seguro”. Para asistir é preciso rexistrarse previamente a través doutro formulario online (cuxo prazo está aberto dende a pasada semana). Así mesmo, ao longo dos días 3 e 4 de xaneiro habilítase o teléfono de contacto 981 843 280, marcando a extensión 2035 (dende as 10.00 ata as 14.00 horas). Unha vez formalizada a inscrición, deberase ir recoller a entrada física á propia oficina do turismo, situada na Casa Mariñeira (en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas). Acádanse as 130 nenas e nenos anotados, polo de agora, para este formato.

Co obxectivo de evitar as aglomeracións, establécense 5 tramos horarios para a visita a Melchor, Gaspar e Baltasar, cunha fila de 30 crianzas por cada Rei Mago cada media hora. Outorgarase a hora á cal se debe asistir en función do Rei do Oriente que desexen visitar. Deberase acudir no momento que marque a cita, nin antes nin despois.

Ademais, contarase en distintos lugares da vila con actividades dinamizadoras móbiles.

En caso de meteoroloxía adversa, a recepción trasladarase ao CEP Salustiano Rey Eiras.

Outros artigos

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.