A Comunidade de Montes de Baroña (Porto do Son) organiza este mes un Curso práctico de iniciación ao aproveitamento resineiro. Na actividade formativa, que se desenvolve entre os días 29 e 30 de xaneiro (en horario de 9.00 a 16.00 horas), porase o foco na técnica da pica mecanizada circular ascendente. De entre os participantes no curso seleccionaranse dúas persoas para traballar na Comunidade de Montes de Baroña na campaña resineira do 2022. Para máis información chamar ao teléfono 679 156 855. Os contidos serán impartidos por Xagoaza Pinaster. A data límite de inscrición é o 28 de xaneiro.
O Concello do Porto do Son apoia ás ANPAs do municipio con máis de 5.500 euros
O alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, formalizou a sinatura dos convenios de colaboración coas ANPAs de As Furnas, Coira e CEIP Sobrado de Nebra, co obxectivo de apoiar economicamente o desenvolvemento de actividades e servizos de conciliación familiar. A través...



