A CIG convoca 11 protestas este domingo para esixir a derrogación real das reformas laborais

28 Xaneiro 2022

A CIG convoca unha xornada de mobilizacións nas sete cidades e en Vilagarcía, Viveiro, Ribeira e Cee para o domingo 30 de xaneiro, en rexeitamento “á fraude que supón a nova reforma laboral e para esixir a derrogación das reformas impostas dende o ano 2010”, explica o sindicato galego. Ademais, o día que se celebre o pleno do Congreso no que se convalide o RD/lei 32/2021, que previsibelmente será o 3 de febreiro, a CIG tamén se concentrará diante Delegación do Goberno na Coruña e nas Subdelegacións de Pontevedra, Ourense e Lugo.

Por outra banda, esta xornada de mobilizacións do domingo 30 vaise desenvolver de xeito conxunto en Galiza, Euskal Herria e Catalunya en “resposta ao novo ataque á clase traballadora que supón esta reforma laboral que significa maior precariedade e o aumento da centralización da negociación colectiva”, engade a CIG.

Horas e lugares das mobilizacións

A Coruña: ás 12h, na Praza de Vigo.

Ferrol: ás 12h, no local sindical CIG na Avda. do Esteiro.

Lugo: ás 12h, no Edificio Sindical (Ronda da Muralla).

Ourense: ás 11.30h, no Edificio Sindical (Parque de San Lázaro).

Pontevedra: ás 12h, na Praza da Ferrería.

Santiago de Compostela: ás 11.30h, na Praza Roxa.

Vigo: ás 12h, desde a Dobrada.

Vilagarcía: ás 12h, na Casa do Mar.

Viveiro: ás 12h, na Praza do Concello.

Ribeira: ás 12h, na Praza do Concello.

Cee: ás 12h, diante do Concello.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...