A aula CeMIT de Boiro brinda á cidadanía formación online e presencial en febreiro

24 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro vén de comunicar a ampliación da axenda de actividades previstas para a aula CeMIT local, o centro de capacitación tecnolóxica do concello ao servizo da cidadanía. En concreto, a aula ampliará durante o mes de febreiro os cursos de formación con xornadas en formato presencial e online. As inscricións están xa abertas e poden facerse directamente no Centro Social de Boiro, a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35 ou Whatsapp 629 769 139.

En formación presencial no mes de febreiro vaise impartir un curso sobre editor de texto Writer, que será do 14 ao 17 de febreiro de 10.00 a 12.00 horas; e outro sobre a folla de cálculo Calc, que será do 21 ao 24 de febreiro no mesmo horario. En formación online no mes de febreiro vaise impartir a clase maxistral Xestión de Eventos.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.