A Asociación de Empresarios de Ribeira vai realizar nos vindeiros días un intenso labor informativo entre os seus socios a respecto do proxecto de construción do novo polígono industrial do concello, que, segundo lembra a patronal, atópase neste intre nos pasos previos á adquisición definitiva dos terreos (expediente de expropiación). A asociación explica que nas próximas xornadas convocarase a todos os socios solicitantes de parcelas para comunicarlles o estado no que se atopan as xestións e poder así saber as necesidades de todos e cada un deles para a distribución dos diferentes predios, buscando co Concello a maneira de que se adapten ás necesidades de cada solicitante.
“Pedimos aos nosos socios que nos vaian adiantando as súas ideas para transmitirllas ao Concello e poder así levar adiante o desenvolvemento do polígono para a satisfacción de todos os implicados”, engade a patronal no comunicado.
