A Andaina Bisbarra do Sar celebrarase o vindeiro 2 de abril

20 Xaneiro 2022

O Concello de Dodro vén de compartir datos de interese sobre a nova edición da Andaina Bisbarra do Sar, a número 15 xa, que ten previsto celebrarase o vindeiro sábado 2 de abril de 2022. Segundo informou o Goberno local, haberá prazas sen custe para as veciñas e veciños do termo municipal que queiran participar neste evento deportivo e de confraternidade.
A inscrición realizarase no Departamento de Deportes ata o 28 de febreiro.
Máis información no teléfono 981 802 532 ou na dirección de correo electrónico deportes@dodro.gal.

A andaina vén da man do Colectivo Remonte e dos Concellos de Dodro, Rois e Padrón, xunto coa Federación Galega de Montañismo, a Deputación da Coruña, Deporte Galego e a Xunta de Galicia. Para máis información cómpre visitar a web www.andainabisbarradosar.com.

Trátase dunha proba oficial da Copa Galega de Andainas de 50 quilómetros. Será un percorrido por terras dos ditos concellos, con distancias opcionais: 16 quilómetros, 18 quilómetros, 34 quilómetros e 50 quilómetros. O tempo máximo da camiñada será de 12 horas, achegándose a opción de ir correndo (6 horas e 30 minutos).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.