A ABE entrega o premio final de 1.000 euros da Campaña de Nadal

10 Xaneiro 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) entregou o premio final de 1.000 euros correspondente á Campaña de Nadal 2021-2022 (Nadal Fantástico) que chega estes días ao seu remate. A gañadora deste galardón especial de 1.000 euros foi Paula Alonso García, que rexistrou un tícket de compra adquirido na Librería El Cisne.

Daniel García, presidente da ABE, e a concelleira María Outeiral, presentando a nova edición de Nadal Fantástico

A ABE informa de que “con este último sorteo ponse punto e final a Campaña do Nadal da ABE na que, por primeira vez na historia da nosa asociación, participaban todos os socios da patronal”.

En canto a valoración do novo sistema de rexistros habilitado no ano que vimos de despedir, o presidente, Daniel García, presidente da entidade, indicou que “foi todo un éxito, xa que nesta última semana rexistráronse 1.268 tíckets, o que supón un récord absoluto de todas as campañas realizadas”. No que respecta aos números totais, García comenta que “en toda a campaña foron rexistrados 3.833 tíckets ou facturas”.

Os datos dos rexistros por cada sorteo foron os seguintes:

Sorteo 1 de 500 € _ 425

Sorteo 2 de 500 € _ 730

Sorteo 3 de 500 € _ 780

Sorteo 4 de 500 € _ 680

Sorteo final de 1.000 € _ 1.268

A maiores, a ABE lembra que a vindeira semana celebrarase a entrega de premios que “por desgraza e debido ás restricións da COVID terá que ser o mais restrinxida posíbel”.

Todos os premios consisten en Bonos ABE, que se poderán utilizar, sen caducidade, en calquera dos 190 socios da patronal boirense

A ABE aproveitou para agradecer implicación dos socios na campaña, “que foi fundamental para acadar este éxito de rexistros”.

Material informativo da campaña nunha imaxe de Canal Barbanza

Outros artigos

As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.