Xoves con choivas febles aumentando cara a noite. Galicia rexistra máis de 200 raios nas últimas horas

08 Decembro 2021

Unha fronte cálida afectará a Galicia desde as primeiras horas da mañá, deixando ceos cubertos e chuvias febles. Cara á noite chegará unha fronte fría que xa deixará chuvias máis intensas. As temperaturas ascenderán, de xeito máis acusado nos valores máximos. Os ventos soprarán de compoñente oeste con intervalos fortes ao longo do día no litoral e zonas altas do interior.

Nas últimas horas Galicia rexistrou máis de 200 raios segundo metegalicia. Destacan o que impactou esta noite no aeroporto da Coruña en concreto no ILS (sistema de aterrizaxe instrumental) que fará que polo menos durante tres días esteainoperativo.

No caso de Rianxo, do que indformamos en “obarbanza.gal” o raio caeu no teito da vivenda e chegou a entrar na mesma, véndose afectadas a instalación eléctrica e a fachada do domicilio. A persoa que residía no lugar resultou ilesa.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do oeste á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Forte marusía. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá e á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:021.1 m
Preamar07:313.3 m
Baixamar14:021.1 m
Preamar20:142.9 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:061.0 m
Preamar07:293.5 m
Baixamar13:520.9 m
Preamar20:103.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:541.1 m
Preamar07:263.2 m
Baixamar14:001.2 m
Preamar20:082.8 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.