Un raio provoca danos nunha vivenda de Rianxo sen causar feridos

08 Decembro 2021

Unha vivenda, da localidade de Rianxo, viuse afectada polo caída dun raio sobre o seu tellado, a pasada noite.

Os feitos ocorreron no lugar da Burata, parroquia de Taragoña, ao fío das nove e media. Nese momento, os axentes da Policía Local contactaron co 112 Galicia para informar do suceso, no que non había que lamentar danos persoais, e solicitar o apoio dos Bombeiros.

Deseguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) déronlle o aviso aos Bombeiros de Boiro e aos membros de Protección Civil de Rianxo. Ademais, os datos tamén se puxeron en coñecemento da empresa subministradora da enerxía eléctrica.

Segundo os datos facilitados ao 112, pola dotación de Bombeiros desprazada, o raio caeu no teito da vivenda e chegou a entrar na mesma, véndose afectadas a instalación eléctrica e a fachada do domicilio. Por fortuna, a persoa que residía no lugar resultou ilesa.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...