Unha ducia de profesionais abordan en Boiro as claves para camiñar cara a sustentabilidade cultural

01 Decembro 2021

O deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, e o técnico cultural, Alberto García, foron os encargados de abrir a xornada ‘Cultura sustentable, o reto postcovid’ que tivo lugar esta tarde no Centro Social de Boiro. A xornada, que forma parte do programa provincial ‘ A Cultura é un Dereito’, tamén contou coa presenza do alcalde de Boiro, José Ramón Romero García, e da concelleira de Cultura, María Outeiral.

Durante a súa intervención, o deputado de Cultura avogou por incorporar nos proxectos culturais criterios que atendan á sustentabilidade nas tres dimensións que se abordaron na xornada: desde a perspectiva ambiental, desde a política e desde a económica.  Pola súa banda, Alberto García insistiu en que “hai que repensar as políticas culturais públicas” e indiciou que “a axenda 2030 é un bo marco, dunha banda porque é necesario e, doutra, porque é unha oportunidade para Galiza en tanto o noso sistema cultural encaixa à perfección nos criterios da cultura sustentable”.

No marco da perspectiva ambiental, Xurxo Couto indicou que “é preciso atender á responsabilidade que temos como Administración, como profesionais e como público cos grandes retos que afectan á saúde do planeta” e neste sentido salientou a importancia “de tomar conciencia de como os proxectos locais repercuten e suman no contexto global de emerxencia climática no que estamos actualmente”. En relación á perspectiva política fixo fincapé na “necesidade de promover e preservar valores identitarios propios, prestar especial atención ao que nos fai culturalmente singulares, porque na singularidade e na diferenza está unha parte importante da nosa riqueza como pobo”.

En canto á perspectiva económica, Xurxo Couto explicou que “é necesario buscar un equilibro entre a necesidade de xerar recursos económicos para os e as profesionais da cultura, procurando superar a precariedade laboral, e unha visión da cultura que vaia máis aló dun mero asento contable, non suxeito exclusivamente ás regras de mercado senón enfocada con altura de miras, como un servizo público que beneficia ao conxunto da cidadanía”. Neste punto, asegurou que “a cultura debe ser entendida como unha necesidade social, como se entenden outros servizos como o alumeado público ou a rede de estradas, que non benefician a consumidores concretos senón a toda a cidadanía”.

Desde o eido profesional, a perspectiva da sustentabilidade ambiental foi abordada pola consultora de sustentabilidade do pacto por unha cultura sustentable en Galicia, María Baqueiro, e polo integrante da comunidade de montes de Froxán, Joam Evans, nunha conversa moderada por Miguel Rial, do colectivo Fousas ao Monte. Neste bloque tamén estiveron presentes, como exemplos de proxectos sustentables, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza e o Festival Agrocuir, nunha exposición conducida por Fran Quiroga, coordinador do estudo de cultura e sustentabilidade do Consello da Cultura Galega.

O bloque dedicado a sustentabilidade política, contou coas intervencións de David Rodríguez, autor do blog ‘O funambulista Coxo’, e de representantes de Rexenerando Cooperativa, moderados pola poeta Charo Lopes. E no bloque dedicado a sustantabilidade económica participaron o xestor cultural especializado no ámbito dixital, Sergio Lago, a xestora cultural e xornalista María Yáñez e o técnico cultural Alberto Garcia. A xornada rematou cunha actuación de  ‘AldaoLado’.

Outros artigos

Un ferido leve nun choque no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao aviso dun choque entre un vehículo e unha cabeza tractora. Unha das persoas implicadas resultou ferida leve e trasladada ao hospital. Completou o servizo a Policía Local. 

+

O Elma acolle este venres a proxección de “Matria”

O Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal, no marco do ciclo Venres de Cine, acolle este venres 13 de febreiro a partir das 21.00 horas a proxección do filme galego Matria, dirixido por Álvaro Gago. A entrada é de balde ata completar a cabida. Organiza a concellaría de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...