Unanimidade no pleno de Boiro a prol do sector bateeiro

23 Decembro 2021

O Concello de Boiro celebrou este mércores 22 o pleno ordinario correspondente ao mes de decembro. A sesión contou coa ausencia de dous concelleiros do Partido Popular, polo que contou cun total de 15 membros da corporación. Como de costume pode verse a sesión na canle en Youtube do Concello de Boiro. O pleno saldouse con decisións relevantes, como a aprobación unánime da moción do PSOE para apoiar ao sector bateeiro dende o Concello ou, tamén, a luz verde para a ordenanza municipal de medio ambiente.

As votacións quedaron deste xeito:

1. Aprobación, se procede, do ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE de apoio ao sector bateeiro – aprobada por unanimidade (15 votos a favor).

2. Aprobación inicial, se procede, do ditame da ordenanza de medio ambiente do Concello de Boiro – aprobado con 10 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 5 abstencións (PP).

3. Aprobación, se procede, do ditame sobre a aprobación do plan normativo anual 2022 – aprobado con 8 votos a favor (PSOE, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 7 abstencións (PP e BNG).

4. Aprobación, se procede, do ditame de resolución de reclamacións e aprobación definitiva do orzamento do exercicio 2021 – aprobado con 10 votos a favor (PSOE, BNG, IC Boiro, Boiro Novo e non adscrito) e 5 en contra (PP).

5. Aprobación, se procede, do ditame da moción de IC Boiro/ Mixto para a modificación da ordenanza fiscal de ITVM – aprobado con 7 votos a favor (PSOE, BN e IC Boiro), 6 votos en contra (PP e non adscrito) e 2 abstención (BNG).

*Boiro Novo presentou unha emenda para que a parte resolutiva recollese o ano 2023 e se puidese levar a cabo, que foi aprobada.

6. Aprobación, se procede, do ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre o estado das obras de ampliación da estrada de Neixón – aprobado por unanimidade (15 votos a favor).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.