“Un galego na presidencia do ICCAT” – Antón Luaces

01 Decembro 2021

A Comisión Internacional para a Conservación do Atún do Atlántico, ICCAT, non é das organizacións que máis se significan ou se houbera significado na defensa dos intereses españois en augas atlánticas, cantábricas e mediterráneas

Sen que fose, supostamente, unha actitude premeditada, ben poucas veces as decisións do ICCAT significaron melloras para os barcos con bandeira de España e tripulantes destes. Pesqueiras coma as do bonito ou atún son un verdadeiro martirio para as frotas de España tanto no Cantábrico Noroeste como en augas de Canarias, o Estreito de Gibraltar ou o Mediterráneo, pola aplicación de reducións non sempre necesarias cuxos efectos máis negativos recaen sempre nos barcos que enarbolan bandeira española.

Isto coñéceno moi polo miúdo na citada Comisión. E agora correspóndelle ao seu novo presidente, o galego Ernesto Penas Lado (que fora director xeral de Marisqueo, Pesca e Acuicultura da Xunta en tempos de Manuel Fraga coma presidente da Xunta, e de Enrique López Veiga coma responsable da Consellería de Pesca do Goberno galego.

Pode modificar en algo Ernesto Penas Lado as circunstancias que afectan ao ICCAT?. Experiencia non lle falta, porque a ten e moi ampla no eido das políticas pesqueiras comunitarias e mesmo na investigación mariña. En base a esta experiencia el foi o candidato proposto pola Comisión Europea.

Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Alcalá de Henares en 1975, traballou como biólogo pesqueiro no Instituto Español de Oceanografía (IEO); durante 30 anos foi funcionario da Dirección Xeral de Pesca da Comisión Europea, da que chegou a ser director. Foi, amáis, o responsable da última reforma da Política Común de Pesca (PPC) e, como xe se ten citado, director xeral de Marisqueo, Pesca e Acuicultura da Xunta.

Tamén foi director de Coordinación e Desenvolvemento de Políticas na Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea; director do Mar Báltico, Mar do Norte e Estados Membros sen litoral; xefe da Unidade de Políticas de Conservación e máis de Política Pesqueira Común e Acuicultura ata o ano 2009. Ten participado en congresos e simposios celebrados na Comunidade Autónoma de Galicia, onde a súa presencia sempore é ben acollida.

Aínda que xubilado, Ernesto Penas Lado, é membro do Fisheries Expert Group do European Bureau of Conservation and Development, así como asesor da FAO.

O novo presidente do ICCAT conta cun sobrado coñecemento dos males e carencias ou necesidades das frotas galegas que pescan en augas controladas por esa organización. Oxalá poda Penas Lado demostralos e, sobre todo, aplicar os seus coñecementos biolóxicos en función do estado real dos stocks e non do que estipulan determinadas entidades que, coma lobbys naturais, aplican ou tentan aplicar restricións sen máis certezas que aquelas que se lles ocorre, como foron nos últimos tempos as regulacións pesqueiras no Mediterráneo (con mancheas de atún que viñan alimentarse aos portos da zona e se alimentaban de peixes asimesmo regulados que os mariñeiros non podían pescar), as reducións de cotas en distintas zonas atlánticas (Canarias ten moito que dicir neste senso) e un longo etcétera, todos eles con moitas posibilidades de mellora e con repercusións amplas que afectan especialmente á xente mariñeira e ás súas familias en todo o litoral español.

Outros artigos

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

+

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...