Un dubidoso penalti no último minuto priva ao Noia de sumar ante o Viveiro (1-2)

10 Decembro 2021

Era un partido clave para voltar a recuprar a boa dinámica para os noieses, que se enfrontaban a un rival directo como é o Viveiro, e de novo, a sorte non estivo do seu lado. Logo de plasmar un bo partido en liñas xerais, un gol desde os 11 metros condenou aos de Iván Carril que levan xa 2 meses sen coñecer a vitoria.

O resultado non foi xusto para o visto sobre o Julio Mato, xa que na primeira metade os locais foron mellores e gozaron das mellores oportunidades, ante uns lucenses que tampouco saíron a gardar a roupa.  Mario Prol e Sayés foron os que máis preto estiveron do gol, pero sen fortuna.

Un gol que chegaría a 8 minutos para o final do primeiro período, cando Angelo aproveitou un córner para adiantar ao Noia. Un gol que daba tranquilidade aos noieses, pero que non lles permitía relaxarse.

Nada máis voltar dos vestiarios, o central do Noia Diogo non apertou ben a Isi, que sen apenas visión, puxo un balón complicadísimo para a zagar local, e alí estaba Nico para igualar o marcador.

A partir dese momento o partido convertiuse nunha loita por non deixar escapar o punto. E cando parecía que ambos firmaban as táboas, o colexiado sinalou un penalti dubidoso e infantil, xa que o balón estaba no outro lado do campo a onde se produciu a xogada polémica. Jaime foi o encargado de anotar o definitivo 1-2 que deixa máis tocado que nunca ao Noia.

Con este resultado os noieses sitúanse na décimo quinta posición con 12 puntos, a tan só dous da permanenica, aínda que sumidos nunha pésima dinámica de resultados.

Outros artigos

A Pobra prepárase para pedalear no 14 de xullo coa Festa da Bici

A trixésimo segunda edición da Festa da Bici da Pobra do Caramiñal convida a pedalear con fin solidario no 14 de xullo. Esta cita que reúne deporte e solidariedade arrancará ás 11.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán; espazo que tamén se establece como meta....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

Cuando las materias que pretende conseguir o las normas quequiere aprobar no les favorece de forma clara -no sacan nada enlimpio, no hay más poder o más dinero-, los socios de investidurade Sánchez no lo apoyan; entonces, leña al PP.En estos casos, los ministros y...