Tino Míguez regresa ao Noia

29 Decembro 2021


O compostelá de apenas 23 anos, regresa ao Julio Mato para xogar na Terceira División, unha categoría que xa disputou co club noiés na súa primeira tempada como sénior. Por aquel entonces o Tino Míguez soñaba con poder dedicarse ao fútbol, unha ilusión que non perdeu. Por iso, decidiu emprender unha aventura en diferentes equipos por todo o mundo, convalidando os seus estudos coa súa carreira futbolística. Un ascenso á Segunda División de Eslovaquia co Petrzalka e un subcampiuonato da United Soccer League, cuarto escalón do fútbol estadounidense, son os seus recentes éxitos.
Agora volta a España, logo de rematar un Máster (MBA), e volve á Terceira División para axudar ao equipo que lle deu a oportunidade de calzarse as botas nunha categoría de gran prestixio. Míguez pode actuar como extremo, mediapunta ou dianteiro, caracterizado pola súa gran velocidade e regate, será un dos nomes propios nesta segunda volta da Terceira Galega. Iván Carril poderá contar así cun xogador diferente nos últimos metros, algo que estiveron botando de menos neste últimos encontros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.