Simón Gómez corónase no Torneo de Nadal de Golf do Concello de Boiro

15 Decembro 2021


O Barbanza Golf acolleu unha nova xornada de golf, desta vez a penúltima proba do Torneo de Nadal que se disputou no Concello de Boiro. Na categoría absoluta o golfista Simón Gómez alzouse co triunfo, cun resultado de cinco golpes baixo par. Manuel Pena, e Jorge Docabo completaron o podio.
Na categoría hándicap, cun resultado impresionante, o vencedor foi Damián Eiras, seguido de Manuel Godón e Antón Gómez. Na categoría Sénior, Marcos Fernández foi o mellor, e na feminina a gloria foi para Begoña Urgoiti. Por último, Javier Pola fíxose co trofeo na categoría Junior.
114 participantes déronse cita nesta proba, á que acudiron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero e a concelleira de Deportes Dores Torrado e o concelleiro Marcos Fajardo. Este fin de semana terá lugar a última proba do cirucito, e estará adicada ao Concello de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.