Saúl Berdullas e Laura Herml triunfan no Máster Provincial Jealsa de Tenis

29 Decembro 2021

Boiro acolleu ao longo desta última semana o Máster Provincial Jealsa de Tenis, un evento organizado polo C.T.Boiro en colaboración co Concello de Boiro e patrocinado polo concello de Boiro e por Jealsa. O torneo repartiu 650€ en cada categoría(1.300€ en total).
O torneo estaba reservado para os 16 primeiros xogadores e xogadoras da provincia da Coruña, segundo o ranking da Federación Española. E disputouse en 4 pabillóns de Boiro: Barraña, Cabo, Escarabote e Praia Xardín, que acolleu ademais,as finais.

Na categoría feminina, as irmáns Hermo, Belén e Laura protagonizaron unha emocionante final que se tivo que decidir no super tie-break 2- 6/6-3/11-9 a favor de Laura Hermo. As dúas xogadoras estiveron condicionadas polos nervios da final, logo de desplegar moi bo xogo durante todo o torneo. Polo camiño quedaron a nº1 do cadro Alexia Iglesias (PSon)e a ferrolá Alejandra Vázquez era a número 2 do cadro.
Na categoría masculina, Saúl Berdullas (202 de España) o nº1 do cadro,impúxose nun axustado partido ao excampión galego Miguel Casal 6 – 4/7-6. A velocidade do xogo desplegado fixo as delicias das casi 100 persoas que se deron cita no poli de Praia Xardín ata ben entrada a noite.
Polos locales estiveron Angel Méndez que acadou os cuartos de final, e Roberto Alcande semifinais. Na primeira rolda caeron Rodrigo Iglesias, Carlos Lijó, Alberto García, Dani Pérez, Fran Fariña, Angel Aragundi, Manuel Vázquez e Manu Ramallo.
Este ano, non foi coma os anteriores, debido ó covid, pero celebráronse actividades paralelas coma o torneo de Nadal nas categorías inferiores e ao rematar as finais, leváronse a cabo os tradicionais sorteos que acompañan á entrega de trofeos dos torneos da Liga, de Nadal e do Máster. Na cita contouse coa presencia dos presidentes dos clubs de tenis da comarca e da concelleira de deportes de Boiro Dores Torrado por parte do concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.