“Quen dixo medo”. Antón Luaces

17 Decembro 2021

Era visto: as lecturas que se fan da decisión do Consello de Ministros de Pesca da UE e a Comisión Europea ían dar moito que falar porque o certo é que ninguén quedou satisfeito co reparto de TAC e cotas. Nen os que decidiron, nen os que pagan as consecuencias desas decisións. E tampouco os que desexaban un enfoque preventivo na asignación das cotas (caso dos ecoloxistas) están conformes. As frotas directamente implicadas ou afectadas por esas decisións, amosan a súa contrariedade polas reducións en especies como a pescada sur e xa non digamos, en Galicia, a da cigala e o xurelo, que cualifican de “desfeita” nos repartos. 
Os ecoloxistas centran as súas críticas na que coidan é “situación catastrófica” do Mediterráneo e o Mar Negro onde, afirman, o 83% das poboacións de peixes están sobreexplotadas. O mesmo comisario de Pesca afirmou que “a situación segue a ser desastrosa para a pescada e o camarón” e que de non se actuar agora vai producirse un colapso das poboacións e perdas dramáticas para os pescadores nos vindeiros dous anos. Oceana entende que poboacións de peixes “tan coñecidas como a pescada do Atlántico sur, o linguado do Cantábrico e da costa atlántica da península ibérica e o salmonete do Mediterráneo occidental seguirán a ser obxecto de sobrepesca un ano máis”. E, por primeira vez dende 2005, o Comité Científico , Técnico e Económico da Pesca informa dun retroceso no progreso cara a fin de sobrepesca en augas da UE porque se están a utilizar as necesidades socioeconómicas como escusa, o que ao seu parecer,  significa non entender que a proteción das poboacións redunda no interese dos pescadores. Estes, en Galicia, din que para que queren esas “protecións” cando as decisións de trasladar a outras zonas as posibilidades de pesca do xurelo cando este nen siquera se detecta na zona IX (onde se permite a súa captura). “Que imos pescar na IX se o xurelo nen siquera se ve. Abunda, e moito, a pescadiña. Está en todas partes, pero especialmente nas zonas VI e VIII. Pero non se nos concede cota disque por exceso de capturas. Eles saberán. No caso do xurelo, recúrtase a posibilidade de pesca porque non o hai. Pero dirixen a pesqueira a unha zona do caladoiro Cantábrico Noroeste “na que nen siquera se adiviña un rabo de xurelo”. Os mariñeiros galegos no entenden que sucede coa cigala “que leva cinco anos  vedada para os nosos barcos” cando a abundancia desta especie en augas galegas “é máis que evidente”. Un beneficio para os barcos irlandeses, que subministran desa especie os mercados galegos vendendo aquí unha cigala que, afirman, “chega viva e venden sen significar a trazabilidade da mesa facéndoa pasar por galega”. E son rotundos: “A cigala que se vende en Galicia procede de Irlanda”.Para a organización AETINAPE de titulados náutico pesqueiros, o reparto “repite máis ou menos o mesmo ritual de cada ano, permitindo aos gobernantes facer unha lectura trunfalista do proceso, cuxo resultado sempre é seguir minguando a capacidade de pesca da nosa frota”.O trasfondo é o de sempre, asegura AETINAPE: “UN AUMENTO DAS IMPORTACIÓNS, MAIOR COTA DE MERCADO PARA PRODUTOS DE ACUICULTURA E MENOS CAPTURAS PARA O NOSO SECTOR ESTRATIVO”.Esta sucesión anual de acontecementos deixou ó sector “coma unha sombra do que foi no pasado” engaden os náutico-pesqueiros, que lembran que os recurtes están baseados “nos famosos e cuestionados informes científicos que serven para cociñar argumentos comerciais”. AETINAPE coida que “Europa decidiu que a España lle sobraba moita capacidade pesqueira malia contar cun mercado moi amplo” e obrigou, “a cercenar a nosa frota e poñer a industria alimentaria marítima en mans doutras frotas e de comercializadoras que se abastecen da acuicultura, pescan en países extracomunitarios e importan a prezo de saldo”. Pola súa banda a portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez, cualifica de “novo fiasco” para a frota galega as cotas negociadas e advirte que continúan pendentes as negociacións co Reino Unido das que “con toda probabilidade tamén sairemos mal parados”. A nacionalista dí que o acordo da UE representa a “falta de importancia de Galicia” no seo comunitario e explica que a especie de maior valor, a pescada, foi recurtada por terceiro ano consecutivo, acción que para o Executivo central é “un éxito o magnífico resultado”. Na súa opinión “a fixación dos TAC respostan ao mercado político” e non a outro tipo de criterios, para se preguntar “Que intereses priman para chegar a estes resultados?”

Outros artigos

Intervidos 780 quilos de sardiña en Ribeira nun pesqueiro

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña confiscou 779 quilogramos de sardiña no porto de Ribeira provenientes dun barco pesqueiro que excedía o límite máximo de capturas permitido. Garda Civil Segundo o comunicado emitido polo Instituto Armado, a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...