Pechada este domingo a AC-550 entre Portosín e Porto do Son con motivo da Sin-Son

O Concello sonense informou de que este domingo, 19 de decembro, con motivo da celebración da tradicional carreira popular Sin-Son 10K, a estrada AC-550 estará pechada ao tráfico rodado no tramo dende Portosín ata Porto do Son, en horario de 10.20 ata as 12.15 horas. Están previstos desvíos de tráfico pola AG 11 e DP 1105.

Asemade, dende a administración municipal tamén informaron de que tanto no núcleo urbano sonense como no de Portosín establecerase, entre outras, como medida de seguridade un perímetro valado, ao cal só poderán acceder os participantes da carreira e o persoal autorizado polo Concello.

Cómpre lembrar que se trata da décima edición da carreira Sin-Son 10K, que contará cun total de dous mil participantes. Resaltar que este ano esgotáronse as prazas en oito días.