“Pasividade e inoperancia da Xunta” – José Manuel Pena

24 Decembro 2021

Chama a atención que, desde as diferentes corporacións municipais, confrarías ou asociacións pesqueiras, se sitúen a favor ou en contra dun sector produtivo concreto segundo sexa o nivel de xeración de riqueza e de emprego no seu propio territorio. Estamos a falar da guerra aberta entre os percebeiros e os bateeiros, en Galicia.

A Xunta de Galicia, máis concretamente a Consellería do Mar, tería que realizar un chamamento á calma e abrir a mesa do diálogo para que ningún sector resulte prexudicado, chegando a un consenso. A pasividade e a inoperancia da Xunta non pode continuar por máis tempo se se quere evitar algún tipo de desgraza persoa entre os traballadores de ambos os sectores.

Tanto o mexillón como o percebe, de Galicia, son dúas especies importantes, cun valor gastronómico, social e económico contrastados, que nada teñen que envexar aos procedentes doutros países. Agora fai falta que todos poidan traballar, con tranquilidade, e cunha regulación específica que ocasione o menor dano posible a estes sectores extractivos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...