Outes festexará o Nadal con cultura e espectáculos para todas as idades

16 Decembro 2021

O Concello de Outes compartiu o seu programa de actividades de Nadal, un programa de mercado cariz cultural e con actividades para veciñas e veciños de todas as idades. A continuación, damos conta da axenda:

-17 de decembro. Ás 21.00 horas, actuación da Escola de Música e Baile Tradicional na Casa da Cultura.

-18 de decembro. Ás 19.00 horas, teatro infantil na Casa da Cultura con Só. Ás 20.00, concerto a cargo da Coral Poeta Añón na Capela da Serra de Outes.

-21 de decembro. Ás 17.30 horas, contacontos de Nadal na Biblioteca Municipal.

-26 de decembro. Ás 19.00 horas, espectáculo infantil Unha festa de Nadal na fraga, na Casa da Cultura.

-27 de decembro. Ás 19.30 horas, concerto da Coral O Peirao na Igrexa do Freixo.

-28 de decembro. Ás 12.00 horas, espectáculo de teatro infantil na Casa da Cultura: Mariné e o xastre de Magalofes. Ás 20.00 horas, chocolatada co grupo Pandereteiras de Tremuzo, no Centro Social da Serra.

-29 de decembro. Ás 20.00 horas. Concerto da Banda Municipal de Música na Casa da Cultura.

-30 de decembro. Ás 19.00 horas. Punkdemia (teatro infantil) na Casa da Cultura.

-4 de xaneiro. As 19.00 horas, Contos e outras andrómenas, teatro infantil na Casa da Cultura.

-5 de xaneiro. A partir das 17.00 horas, a Cabalgata de Reis visita Outes e as súas parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.