Os socialistas ribeirenses en crise

14 Decembro 2021

A recente vitoria de Valentín González Formoso para dirixir o PsdeG-Psoe está a orixinar unha crise dentro dos socialistas ribeirenses que rematou de momento, nun conflicto que chegou ós xulgados e incluso á comisaría da Policia Nacional.

Parece que a causa inicial arrincou co cambio na dirección do PSdG-Psoe, onde Gonzalo Caballero acabou cedendo o mando a Valentín González Formoso, sen embargo outros afirman que a crise que afecta ós socialistas ribeirenses e que lle fixeron perder unha importante cantidade de apoios vén de antes, da decisión do PSOE de dar o visto e prace á continuidade do actual alcade o fronte do Concello de Ribeira. Os votos do socialista foron claves para que o popular aprobase a confección da corporación.

Esta decisión de apoio o rexedor popular complicou a situación nos últimos tempos quecendo o ambiente ata o punto de que Vilas e outros membros do partido denunciaron a un dos integrantes do grupo crítico por telos agredido, supostamente, dándolle ao primeiro un cabezazo, que o presunto autor nega.

O edil levou o asunto á Policía Nacional, que á súa vez remitiu o expediente ao xulgado, pero atopouse a semana pasada cunha denuncia na súa contra, que o acusan de chamar por teléfono a unha militante do PSOE ribeirense para ameazala e denigrarla. Esas palabras tamén as nega Vilas, que asegura que son totalmente falsas.

Os problemas chegan,s egundo afirma, trala designación de José Manuel Suárez-Porta como membro de comité nacional do PSdG, a pesar de que no comité local gañou o candidato Gonzalo Caballero por 28-22. Desde o grupo crítico afirman que nas asembleas do partido non se explicou que había vacantes para o devandito cargo e que tampouco se facilitaron as actas das xuntas.

A situación de enfrontamento entre os socialistas ribeirenses apunta a que o control do partido en Ribeira seguirá o vindeiro ano cando expire o mandato de José Manuel Vilas, que non poderá seguir dirixindo os socialistas locais tras unha ducia de anos no cargo periodo máximo que permite o PSOE.

José Manuel Vilas

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...