Os Reis Magos comezarán en Miñortos o seu percorrido por todas as parroquias de Porto do Son

31 Decembro 2021

Os Reis Magos visitarán Porto do Son o vindeiro 5 de xaneiro. Farano respectando ao máximo as medidas anti-COVID e evitando aglomeracións. A súa estadía no concello comezará cedo pola mañá, arredor das 10.00 horas na parroquia de Miñortos, a carón da igrexa. A partir de aí iniciarase un percorrido por todos os recunchos do termo municipal co fin de achegar a todas as crianzas a posibilidade de celebrar con elas a festividade, ao tempo que se contribúe a crear grupos reducidos e se evitan desprazamentos. As Súas Maxestades virán acompañadas da ruada Fantasía Iluminada
O Concello de Porto do Son compartiu as paradas que as nenas e nenos deberán ter en conta para desfrutar da visita dos Reis Magos:


✨ #Miñortos / Igrexa >>> 10:00h – 10:20h
✨ #Portosín / Praza do Curro >>> 10:35h – 11:00h
✨ #Nebra / Colexio 11:30h – 12:00h
✨ #Noal / Fronte á fonte de Cabanela >>> 12:20h – 12:40h
✨ #Baroña / Bar 85 >>> 13:00h – 13:15h
✨ #Queiruga / Casa da Cultura >>> 13:30h – 14:00h
✨ #Caamaño / Casa da Cultura >>> 16:00h – 16:30h
✨ #Xuño / Casa da Cultura >>> 16:45h – 17:10h
✨ #SanPedro / Casa da Cultura >>> 17:25h – 17:50h
✨ #PortoDoSon / Comezo do Pasarrúas ás 18:10h

O Concello engadiu que “debido á estrutura do vehículo, só se realizarán paradas nos puntos de encontro indicados”.
Amais, as nenas e os nenos que o desexen poden entregarlle as súas cartas nos puntos de encontro establecidos.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.