A recta final desta semana vai vir en Boiro cunha manchea de actividades de celebración que teñen en común un importante alicerce cultural e creativo, ademais de vir co engadido extra de ter como protagonistas aos novos talentos de música e baile de concello, formados ao abeiro da Escola de Música de Boiro, a Asociación Xilbarbeira e a Escola Cen Pliés.
Esta é axenda para esta semana:
-Festival de Nadal da Escola de Música de Boiro
Data: venres 17 de decembro
Hora: 20.00 horas
Lugar: Casa da Cultura de Boiro
Descrición: festival de Nadal da Escola de Música de Boiro.
–Festival de Nadal de Xilbarbeira
Data: sábado 18 de decembro
Hora: 18.00 horas
Lugar: Casa da Cultura de Boiro
Descrición: festival de nadal da Asociación Xilbarbeira
-Festival de Nadal de Cen Pliés
Data: domingo 19 de decembro
Hora: dúas sesións, ás 18.00 e 20.00 horas
Lugar: Casa da Cultura de Boiro
Descrición: festival de Nadal de Cen Pliés
