Os bombeiros do parque boirense extinguiron un lume nun galpón en Araño

29 Decembro 2021

Os bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, con base en Boiro, en colaboración coa Policía Local e Protección Civil de Rianxo, interviron nun incendio declarado en Araño o pasado 26 de decembro a última hora da tarde. En concerto, tiveron que sufocar as lapas dun lume rexistrado nun galpón lindeiro a unha vivenda no lugar de Pousada, na dita parroquia rianxeira. O incendio foi comunicado por un particular, que deu aviso ao 112 e a partir de aí mobilizouse un operativo coordinado polos bombeiros do parque de Boiro en colaboración coa Policía Local rianxeira e Protección Civil local. As lapas foron extinguidas axiña e, segundo confirmaron os bombeiros e a veciñanza de Pousada, todo quedou nun susto e non houbo que lamentar danos ás persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.