O Rotogal Boiro Voleibol queda a un paso da remontada nun duelo eléctrico ante o Feníe Energía Palma

16 Decembro 2021

Miguel Álvarez.- O duelo pola sétima posición da Superliga non defraudou na Cachada. O Rotogal Boiro Voleibol e o Feníe Energía Palma asinaron un encontro vibrante e de alternativas que, finalmente, resolveuse no quinto set a favor dos visitantes. Antes, os da Cachada lograron rexurdir das súas cinzas para equilibrar un choque que perdían por 0-2 e no que os mallorquinos dispuxeron de dúas bólas de partido no terceiro parcial. A efectividade no saque dos baleares acabou apagando a ambición dos de Marcelo Benavídez. Como consecuencia, os galegos pechan a primeira volta da Superliga na oitava posición da táboa.

As baixas prestacións ofrecidas no saque lastraron a un Rotogal Boiro Voleibol que, no entanto, vendeu caro o primeiro set ao Feníe Enerxía Palma (24-26). Os locais refixéronse e dominaron no arranque da segunda manga. No entanto, fóronse esvaecendo contra un conxunto mallorquino que brillou tanto no servizo coma no bloqueo (19-25).

Con marcador de 0-2 en contra, ao Rotogal Boiro Voleibol custoulle meterse no partido na terceira manga. O Feníe Energía Palma, cun Rodrigo Pernambuco moi acertado, tomou a iniciativa. Con todo, os da Cachada sacaron a relucir a súa versión máis competitiva. Felipe Benavídez elevou a contundencia no saque e os de Marcelo Benavídez recuperaron o mando. No entanto, os mallorquinos non se descompuxeron e mesmo dispuxeron de dúas bólas de partido ao seu favor. Pero José Carlos Romero apareceu para darlle a puntilla aos visitantes (30-28).

Un Rotogal Boiro Voleibol lanzado dominou de principio a fin o cuarto parcial. A irrupción de Renan Levandoski na parcela ofensiva contribuíu a desmontar a consistente defensa do Feníe Energía Palma. Os locais, con caste e moitos argumentos, equilibraron o duelo e enviárono ao desempate (25-21). Entón, os visitantes recuperaron no quinto set a súa mellor versión no saque para acabar de crebar a resistencia dun Rotogal Boiro Voleibol que non puido completar a ansiada remontada (9-15).

Outros artigos

A banda de Boiro Agoraphobia volve con “Eyes Never Lie”

Volve a banda boirense de indie-rock Agoraphobia, formada por Susana Saavedra (voz e percusión), Sabela Sampedro (guitarra), Paula Rego (batería) e Lucía Fernández (baixo). Sen ir máis lonxe xoves 13 de febreiro lanzaron no Youtube o tema adianto do seu novo traballo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...