O recorte de cotas pesqueiras en 2022 terá un impacto de máis de 16 millóns en Galicia

16 Decembro 2021

A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, cifrou en máis de 16 millóns de euros o impacto en Galicia do recorte de cotas pesqueiras en 2022, tras o acordo alcanzado esta semana en Bruxelas polos ministros de Pesca da UE.
Na comisión de Pesca, explicou que 7 millóns dese total correspóndense cos ingresos que deixará de percibir a frota galega pola primeira venda desas toneladas de captura, mentres que o resto ten que ver co impacto en 64 das 81 ramas de actividade económica existentes en Galicia.
De tal forma, a comunidade galega concentra o 63% do impacto das reducións das posibilidades pesca nos caladoiros do Cantábrico Noroeste, entre as que se inclúen o descenso do 8% na pescada de augas ibéricas, a caída do 19% no lirio ou os recortes do 7% na cabala e do 5% no linguado.

Ademais, subliña que este impacto súmase ás perdas estimadas de 26 millóns polos recortes de cotas de 2021 na comunidade galega.

Así, lembra que este cálculo fai referencia ao acordo xa pechado para as pesqueiras do Atlántico e do mar do Norte, sen incluír as augas compartidas co Reino Unido. Nestas últimas establecéronse para o primeiro trimestre de 2022 cotas provisionais e proporcionais correspondentes ao TAC existente este ano, o que dá estabilidade á actividade da frota á espera de que se peche o acordo definitivo entre Bruxelas e o Goberno británico.

En canto ás repercusións desde o punto de vista laboral, a directora xeral sinalou que o acordo de TAC e cotas poñen en risco preto de 60 empregos e 2,4 millóns en salarios das tripulacións, que deixarán de ser percibidos polos mariñeiros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...