O Puebla acaba co o invito do Arteixo (3-2)

21 Decembro 2021


A Preferente non deixa de sorprender e está máis igualada ca nunca, e máis despois do triunfo do Puebla sobre o Arteixo, que xogou 60 minutos cun xogador menos e rematou caendo 3-2 na Alta.
Chegaba o Arteixo líder sen coñecer a derrota a Puebla. Sen embargo comezaron mellor os locais, e no minuto 2 un testarazo de Xabi adiantabaos. Reaccionaron os coruñeses co tanto de Iker. Pero o encontro cambiaría no minuto 34, cando o colexiado expulsou a Ablaye logo dunha dura entrada sobre Madiop. Juan García, que está nun momento de forma espectacular, anotou o 2-1 un minuto antes de chegar ao descanso logo dunha xogada individual.
Na segunda metade empataba Iago Blanco a falta de 15 minutos, e cando parecía que todo ía quedar en táboas, apareceu a figura de Madiop para poñer o definitivo 3-2 no último minuto e meter ao Puebla na loita por todo de novo.
Ben diferente foi o encontro do Boiro, que visitaba ao Paiosaco nunha dinámica moi positiva, sen embargo non foron capaces de meterse no encontro en ningún momento. Aos 25 segundos Critian xa poñía por diante aos locais. Pasados os 25 minutos de encontro, Cristian volveu a anotar o segundo despois de superar a Juan no man a man.
Logo do paso por vestiarios, Luis Carro moveu o banquillo, pero sen eficacia. No minuto 67 Josiño cedeu un balón a Iván Amor que este deixou a Cristian que o seu tiro foi desviado por Borja e supuxo o 3-0. Xa no 85 Yago Pérez anotou outro tanto en propia emta que deixaba o marcador 4-0.
Con estes resultado o Boiro marcha ao parón sexto con 17 puntos e o Puebla sétimo con 16.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.